Pécs
Pécs
Capital do megye de Baranya, Hungría, e distrito urbano independente, situado ao SO do país (158.000 h [2000]). Destacado pola súa función comercial e industrial, ten xacementos de hulla e de uranio, descubertos en 1950. Antiga cidade romana, foi durante toda a Idade Media a poboación máis importante do Reino de Hungía. Experimentou unha decadencia durante a dominación turca (1541-1687), da que saíu ao converterse en cidade libre de Hungría (1780).