Pedrell i Sabaté, Felip
Compositor e musicólogo. Discípulo de Joan Nin, en 1873 estableceuse en Barcelona e en 1894 marchou a Madrid, onde traballou como mestre do conservatorio (1915). Introdutor da obra de Wagner en España e un dos primeiros cultivadores da ópera, foi un estudoso da música, como reflicten os seus traballos sobre as Cantigas de Afonso X, ademais de mestre de compositores como E. Granados, Manuel de Falla e Albéniz. Como compositor deixou diversas óperas, como Quasimodo (1875), Cléopâtre (1878), Los Pirineos (1891) e El comte Arnau (1904). Ademais de catro zarzuelas, escribiu poemas sinfónicos, obras relixiosas e composicións de cámara. Publicou diversos libros e tratados musicais, como Dicionario técnico de la música (1894) ou El organista litúrgico español (1905).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Tortosa -
Deceso
Lugar : Barcelona