Pedroso, San Salvador de
Pedroso, San Salvador de
Igrexa parroquial situada en Narón. No lugar houbo un mosteiro fundado por Munia Fróilaz en 1111. Ten planta rectangular cunha única nave. Realizada en cachotaría e con pedra nos esquinais e nos vans, destaca a fachada principal, onde se concentra a ornamentación. Está dividida en tres panos e conta cunha torre campanario central rematada con cúpula e pináculos.