Pegaso
Pegaso
[MIT]
Cabalo alado da mitoloxía grega, concibido por Posidón e a degolada Medusa. Segundo Hesíodo, naceu da cabeza de Medusa cando Perseo lla cortou preto das fontes do océano. Servidor de Zeus, cun couce orixinou a fonte Hipocrene, nas proximidades do bosque das Musas. É importante a súa relación con Belerofonte, xa que o heroe grego se serviu da súa montura para matar a Quimera e derrotar as amazonas. Finalmente, foi transformado en constelación.