Pegaso

Pegaso

Firma española de automóbiles de turismo, camións, autobuses e outros vehículos de tracción mecánica, fabricados pola Empresa Nacional de Autocares SA (ENASA). Tomando como base as factorías de La Hispano Suíza, marca que absorveu en 1946, en 1949 lanzou ao mercado o primeiro tipo de camión Pegaso, con motor diésel de 6 cilindros e 8 toneladas de carga útil, e en 1950 apareceu o primeiro tipo de autobús. En 1951 creouse o Pegaso Z-102, automóbil deportivo, aerodinámico e de gran potencia, provisto de 8 cilindros en V e que podía acadar os 240 km/h. Desde 1955 a empresa orientou a súa produción cara aos camións e autobuses. A finais da década de 1970 iniciou a fabricación de autocares, furgonetas, vehículos militares e maquinaria de obras públicas. En 1990 a firma italiana IVECO absorbeu ENASA.

Palabras veciñas

Pegas, casa das | Pegaso | Pegaso | Pegaso | Pegasus | pegellera | pegmatita