peido
peido
(< lat pedĭtu)
-
s
m
[FISIOL]
Gas xerado no intestino e expelido polo ano, que xeralmente cheira mal e fai un ruído seco ao saír.
-
peido de lobo
[FUNGO]
Cogomelo gasteromiceto de carpóforo globoso, en forma de pera, de cor branca, de 13 a 15 cm de diámetro medio, aínda que, ás veces, pode acadar os 80, e sen pé. A superficie externa está cuberta de verrugas. A cor varía co tempo, entre branca a parda escura. Dáse en claros de bosques, xardíns e campos, e é comestible. Cando estoupa forma unha nube de esporas.