Peinado Altable, José
Psicólogo. Estudou na Escuela Superior del Magisterio de Madrid (1929-1932) onde recibiu unha formación carcterizada pola renovación pedagóxica, inspirada na escola nova. Foi director das Escuelas Españolas de Lisboa (1932-1934) e en 1934 foi destinado á Coruña como inspector de primeiro ensino. En 1935 viaxou a Xenebra para realizar traballos de psicoloxía e pedagoxía experimental e de psicoloxía infantil con J. Piaget e É. Claparède. En 1939, coa Guerra Civil Española, marchou para un campo de refuxiados de Alxeria e despois exiliouse a México (1942-1959). Deu clases na Universidad Autónoma de México (1954-1958) e, entre 1959 e 1962, na Universidad Central de Venezuela. En 1962 trasladouse a Valladolid onde exerceu como profesor. Publicou, xunto con J. Jaén Sánchez, Manual de paidología (1933-1935), Trastornos del lenguaje: estudo clínico psicológico (1945), Paidología: psicología del niño y del adolescente (1952) e Psicología clínica (1978) e Los hijos. Ese problema (1982).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Valladolid -
Deceso