Peiraos, Os

Peiraos, Os

Publicación veciñal aparecida en Vigo a partir de febreiro de 1983. Subtitulouse “Periódico da Asociación de Veciños Casco Vello-Vigo Centro”. Ademais das novidades da propia asociación, realizou unha análise dos problemas que máis incidían na cidade olívica. Ao redor do ano 2000 tivo unha segunda época de edición.