Peiró i Belis, Joan

Peiró i Belis, Joan

Anarcosindicalista. Encargouse da secretaría do comité nacional da CNT para reorganizar o sindicato (1922 e 1928-1929). Entre 1924 e 1925 traballou a prol da definición do contido ideolóxico da CNT, cunha nova concepción da acción directa e do federalismo, e, neste sentido, publicou Trayectoria de la Confederación Nacional del Trabajo (1925). Foi o principal inspirador ideolóxico do trentismo e dos sindicatos da oposición e un dos fundadores da Federación Sindicalista Libertaria. Foi ministro de Industria (1936) no goberno de Largo Caballero. En 1939 exiliouse, pero foi detido pola Gestapo e encarcerado en Valéncia, onde foi condenado a morte e fusilado. En Galicia, as súas teses favorables aos sindicatos de industria estendéronse amplamente. O seu vínculo co anarcosindicalismo galego comezou en 1928, cando, con Ángel Pestaña Núñez, integrou a Xosé Villaverde no grupo libertario Solidaridad e acordaron editar en Vigo o semanario Despertad!

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Deceso

    Lugar : Paterna