pelargonio
pelargonio
(< grπελαργός ‘cegoña’)
s
m
[PLANTA]
Planta da familia das xeraniáceas pertencente ao xénero Pelargonium. De grande interese como planta ornamental, pódense diferenciar tres tipos: os zonais, con follas circulares, son os máis cultivados como plantas de tarro; os de porte colgante, con talos colgantes ou semirrastreiros e follas lobuladas máis duras; e os de pensamento, con follas dentadas e grandes flores blancas e vermellas, e que son moi usados polos floristas. Tamén existen pelargonios de folla olorosa, utilizados na industria da perfumaría para a obtención de aceites.