Pellicer Cámara, Carlos

Pellicer Cámara, Carlos

Poeta, xornalista e crítico literario mexicano. De formación modernista e cunha técnica obxectiva e depurada, recolleu algúns elementos da paisaxe e da natureza do seu lugar natal. Das súas obras destacan Colores en el mar y otros poemas (1921), Seis, siete poemas (1924), Hora y 20 (1927), Camino (1929), Hora de junio (1937), Recinto (1941), Subordinaciones (1948), Práctica de vuelo (1956) e Material poético (1962). Foi elixido membro da Academia Mexicana de la Lengua (1953).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Villahermosa, Tabasco

  • Deceso

    Lugar : México