Pemba
Pemba
Illa coralina do Océano Índico que, xunto coa de Zanzíbar, forma parte de Tanzania e está situada a uns 40 km da súa costa (609 km2; 314.000 h [estim 1994]). A capital é Chake Chake (47.759 h [1978]). De costa moi recortada, o clima é cálido e húmido. Xunto con Zanzíbar é un dos primeiros produtores mundiais da especie do cravo.