pementeira
pementeira
(
-
s
f
[PLANTA]
Planta leñosa gabeadora ou rastreira, de ata 10 m de altura, de follas elípticas agudas e coriáceas, inflorescencias en espigas con flores hermafroditas de cor branca e froito en baga. É orixinaria da India, pero cultívase nas rexións tropicais asiáticas e na rexión amazónica de Brasil e Perú.
-
pementeira falsa
[PLANTA]
Árbore perennifolia, dicoica, resinífera, de 6 a 8 m de altura, con copa redondeada, follas alternas, pinnaticompostas, con folíolos lineais, flores brancas hermafroditas ou unisexuais de pequeno tamaño e paniculadas, e froito rosado en drupa, semellante aos grans de pementa no tamaño e no gusto. Florece entre maio e xuño. É orixinaria do S de América (Chile e Perú). En Galicia cultívase como planta ornamental.