Pena Sánchez, Xosé Ramón

Pena Sánchez, Xosé Ramón

Escritor e xornalista. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, doutourouse en Filoloxía Hispánica e licenciouse en Filosofía e Filoloxía Galego-portuguesa. Comezou na poesía participando co grupo Alén (1977), actividade que alternou coa crítica literaria e o traballo xornalístico en El Ideal Gallego e La Voz de Galicia. Colaborador habitual da prensa galega e director do suplemento de Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, coordinou o suplemento cultural “Galicia Literaria” de Diario 16 de Galicia e foi director da colección Biblioteca das Letras Galegas. Especializado na obra de autores de vangarda, no terreo do ensaio e a edición de textos publicou A poesía de Manuel Antonio nas literaturas galegas de vangarda (1979), Manual de galego urxente (1987) e Galego século XXI (2004), en colaboración con M. Rosales; Eduardo Blanco-Amor: sempre en Auria (1993), en colaboración con varios autores; A literatura galega medieval (1991) e Historia da literatura medieval galego-portuguesa (2002). Como narrador tirou do prelo O reverso do espello (1984), en que se mestura a narración histórica coa novela de aventuras; Para despois do adeus (1987, Premio Xerais de Novela e Premio Losada Diéguez), Paixóns privadas (1994) ou A era de acuario (1997).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Betanzos