Penalba, castro de
Penalba, castro de
Asentamento situado no Couto de Penalba (Campo Lameiro). Foi escavado entre 1983 e 1988 por A. Álvarez Núñez e datouse na transición do Bronce Final á Idade do Ferro (s VI a C). Ten muralla con rampa de acceso polo exterior e foso situado cara ao SO. No interior compónse de dous socalcos que facilitaban o instalación das vivendas na parte máis elevada. As vivendas contaban con fogar central. Na croa está o gravado rupestre da Pedra da Serpe. Ademais de sementes, a maioría de Quercus, trigo e millo miúdo, atopouse unha punta de lanza de bronce, duns 20,5 cm de lonxitude, unha rodela de esteatita decorada con perforacións, un muíño barquiforme e un vaso bruñido con decoración incisa.