Peñalba, Santiago de

Peñalba, Santiago de

Igrexa situada en Ponferrada. Construída en estilo mozárabe en 937 polo abade Salomón, é o único vestixio que queda do mosteiro que fundou san Xenadio no s IX. Ten planta cruciforme cunha soa nave dividida en dous tramos por un arco de ferradura. A cabeceira consta dun ábsida rectangular cara ao exterior e de ferradura cara ao interior, e cunha contraábsida semicular ao oeste. O arco de acceso á ábsida é de ferradura enmarcado nun alfiz. Aos lados da nave ábrense dúas cámaras laterais. Todas as cubertas son abovedadas. A portada principal, situada no lado sur, está enmarcada por un alfiz. Foi declarada BIC en 1931.