Penela, pazo de

Penela, pazo de

Construción situada na Silvarredonda (Cabana de Bergantiños). Das súas ruínas só se conserva unha torre de planta cadrada e remate ameado. O acceso realízase a través dun arco de entrada de medio punto. Na parte frontal leva unha pedra de armas que alude aos Bermúdez, Castro e Rioboo.