Penela Fernández, Alfonso
Arquitecto. Destacou pola consideración nos proxectos dunha análise topográfica e cultural do lugar onde se sitúan as súas obras. Nas obras de rehabilitación parte dun estudo dos elementos preexistentes para conxugalos coa arquitectura de nova creación. Aos materiais tradicionais, a pedra e a madeira, engádelles puntualmente outros máis actuais como o cinc e o aceiro. Destaca tamén o emprego do aluminio no exterior dos edificios, xeralmente de uso públicos. Das súas obras caben salientar os centros de saúde da Doblada (1993-1999), Coia (1996-1999) e Casco Vello (2001-2003) de Vigo, o pavillón polideportivo de Manzaneda (1998-2000) e a facultade de Ciencias Económicas e Empresarias (1988-1991) e o novo Reitorado (2003) da Universidade de Vigo. A rehabilitación da Casa de Arines de Vigo (1998), sede do Instituto Camões, recibiu o Premio Gómez Román, e da dunha antiga fábrica de salgadura en Aldán (Cangas), para convertela nunha casa de turismo rural, o Premio Europa Nostra (2003).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo