Penicillium

Penicillium
[FUNGO]

Xénero de fungos ascomicetos, saprófitos, da orde dos moniliais, que presentan conidióforos ramificados con forma de pincel e conidios hialinos. Atacan certas froitas, forman parte do proceso de fermentación dalgúns queixos, crecen sobre o pan e outros alimentos, e algunhas especies atacan o ser humano. Tras o descubrimento por Pasteur da penicilina, mediante o seu cultivo obtéñense certas substancias antibióticas como a penicilina natural. Presenta unha distribución mundial.

Palabras veciñas

penicilina | penicilinase | penicilio | Penicillium | penico | Penido dos Cantos | Penido Gordo