Penn, Arthur
Penn, Arthur
Realizador cinematográfico estadounidense. Os seus filmes reflicten o seu inconformismo, nun marco realista romántico e impresionista, ás veces con elementos violentos. Da súa filmografía destacan The Miracle Worker (1962, premio no Festival de Donostia á mellor intérprete, Anne Bancroft), The Chase (1965), Bonnie and Clyde (1967), Little Big Man (1970), Night Moves (1975), The Missouri Breaks (1976), Four Friends (1981) e Penn & Teller Get Killed (1989). Participou na realización do filme colectivo Lumière et Compagnie (1995).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Philadelphia