Penn, Sean Justin

Penn, Sean Justin

Actor estadounidense. Despois de actuar con éxito en Broadway e de traballar na obra Heartland, comezou a súa carreira cinematográfica, onde destacou polos seus papeis dramáticos. Participou nos filmes Bad Boys (1983), At Close Range (1987), We’re not Angels (1989), Dead Man Walking (1995, Silbernen Bär en Berlín 1996), The Thin Red Line (1998), I’am Sam (2001), Mystic River (2003, Oscar ao mellor actor 2004), 21 Grams (2003, Coppa Volpi na Mostra de Venecia ao mellor actor) e The Interpreter (2005). Recibiu o Premio Donostia polo conxunto da súa carreira (2003).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santa Monica, California