Penzias, Arno Allan

Penzias, Arno Allan

Astrofísico alemán. Doutor en Ciencias Físicas pola Columbia University (1962), elaborou unha tese para a construción dun amplificador de masa para experimentación en radioastronomía. En colaboración con Robert W. Wilson descubriu a radiación cosmolóxica universal de fondo, o que supoñía un apoio á teoría do Big Bang, e estudou as nubes moleculares do medio interestelar. En 1978 recibiu o Premio Nobel de Física, que compartiu con Wilson e P. Kapica. Publicou diversos artigos en revistas especializadas e libros, dos que cómpre destacar Ideas and Information (1989).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Múnic