Peña Trevinca

Peña Trevinca

Publicación editada no Barco de Valdeorras a partir de 1941. Cesou en 1950. Subtitulouse “Montañeros de Galicia. Afiliada a las Federaciones Gallegas de Esquí y Española de Montañismo”. Editada nos obradoiros do Seminario Conciliar de Santiago, tivo periodicidade anual. Incluíu noticias sobre montañismo e defensa da natureza.