Peñaranda de Bracamonte

Peñaranda de Bracamonte

Municipio da provincia de Salamanca, Castela-León, situado en La Moraña, no val do río Margañán (6.262 h [2001]). É centro comercial, agrícola e gandeiro. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa renacentista de San Miguel e o convento das carmelitas descalzas (BIC,1997), fundado polo conde de Peñaranda e vicerrei de Nápoles Gaspar de Bracamonte y Guzmán.