Peón, Mercedes
Cantante e instrumentista. Con dezasete anos comezou un intenso labor de recuperación da música tradicional galega desde a asociación cultural Xacarandaina e converteuse nunha das principais promotoras na formación de grupos de pandeireteiras, como Xiradela. Promocionou a música tradicional a través do programa de televisión Luar e editou un disco recompilatorio de temas tradicionais titulado Raiceiras (1997). Posteriormente, creou o selo discográfico Disco Trompo e iniciou a súa carreira artística en solitario. Colaborou con distintos grupos e artistas como Os Diplomáticos de Monte Alto, Manu Chao, Matto Congrio, Carlos Núñez ou X. M. Budiño, e participou en numerosos festivais internacionais en Bélxica, Eslovenia, Francia e Portugal. Na súa obra musical pretende fundir a modernidade coa tradición e con achegas dos ritmos norteafricanos. Da súa discografía destacan Isué (2000) e Ajrú (2003).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña