pera
(
-
s
f
Froito da pereira, en pomo e figura turbinada característica. Na tradición oral recóllense ditos como: “Co teu amo non partas peras, nin en chanzas nin en veras. A pera dura co tempo madura. Con peras viño bebas. Con peras viño bebas e tanto sexa o viño que naden as peras”.
-
s
f
Porción de barba que se deixa medrar no queixo.
-
s
f
Interruptor eléctrico mediante o que se acciona unha campaíña ou a luz eléctrica, similar na forma a unha pera.
-
[MED]
-
s
f
Aparato auxiliar de cura, similar na forma a unha pera, formado por unha esfera de goma, oca, alongada por un lado, cun furado ou conduto en que se insire un tubo ou cánula de plástico ríxido, que se emprega para insuflar aire, gas, líquido, etc. Hainos de moitas medidas e aplicacións: pequenos para o nariz e as orellas, medianos para lavar feridas e meirandes para a aplicación de enemas rectais ou lavados vaxinais. OBS: Tamén se coñece como pera de goma.
-
pera de Politzer
Pera de goma para insuflar o oído medio.
-
s
f
Frases feitas
-
Cada pera polo seu rabo. Tomar as cousas tal e como son.
-
Partir peras. Enfrontarse.
-
Dar para peras. Castigar.
Refráns
- A pera e a muller, a que cala boa é.
- A pera para camela non espera pero a mazá espera.
- Ano de peras, non fai falla que veña.
- Ano de peras, nunca acá veñas.
- Ano de peras, nunca o vexas.
- Coma as barburiñas non hai cousas tan sabrosiñas.
- Deus me dea a pereira e a min á súa beira.
- Non hai pera que non madureza.
- Pera que ao comela canta, non vale nada.
- Pera que se desfai ao comela sábelle ben a calquera.
- Quen non dá das súas peras, non espere das alleas.
- Tras das peras auga non bebas.