perda
(< lat tardío perdĭta)
-
Parroquia do concello de Barro baixo a advocación de santa María, onde está situada a capital municipal.
-
s
f
-
Feito de perder.
-
Cousa ou cantidade perdida.
-
-
s
f
-
Dano ou prexuízo que se recibe en algo.
-
[ECON]
Resultado económico negativo dunha empresa. O resultado da actividade económica dunha empresa defínese como a diferenza que hai entre os ingresos do período considerado (vendas, facturación, segundo o tipo de empresa) e os custos que ocasionou obter estes ingresos: R = I p -C (Ip) . Se este resultado é negativo [I p < C (Ip) , chámase perda.
-
perdas e ganancias
Conta diferencial en que se refliten, mediante regulación, os valores daquelas contas que implican un beneficio ou unha perda (gastos xerais, almacén, etc).
-
-
s
f
[PAT]
Carencia, diminución ou dano de determinadas propiedades do ser vivo, especialmente cando se fala de calor, de memoria ou de substancia.
-
s
[FISIOL]
-
Saída dun líquido ou humor segregado polo organismo.
-
pl
Hemorraxia ou fluxo que procede da matriz.
-
-
s
f pl
[BÉL]
Baixa de persoal ou de material a consecuencia dunha acción inimiga ou por calquera outra causa.
-
s
f pl
[TECNOL/FÍS]
Diferenza entre os valores dunha magnitude asociada a un sistema e a da mesma natureza restituída por ese sistema. As perdas poden ser, por exemplo, por frición, por histérese, por correntes de Foucault, por efecto Joule ou dieléctricas, e case sempre se traducen nunha formación de calor.
-
s
f
[AERON]
Situación dunha superficie aerodinámica (á ou rotor) en que o fluxo de aire se separa da capa límite, feito que xera a diminución da sustentación e aumenta a resistencia aerodinámica. Cando unha á ou un rotor entra en perda acostuma producirse a caída da aeronave.
Frases feitas
-
Non ter perda 1 Non haber posibilidades de perderse. Ex: Non ten perda, segue dereito e chegas ao centro de saúde.
-
2 Aproveitarse todo.
-
Tes ti boa perda! Non dar pena ningunha.
Refráns
- a crego e o raposo, se perden a mañá, perden o día todo.
- a día que é de perder non é de gañar.
- a non perder xa é gañar.
- a perder, moitas veces é gañar.
- A perdido, perdido de todo.
- a que perde e di que non o sente, mente.
- a que perde o burro e atopa a albarda xa non sofre perda tanta.
- ande non se perde nada todo é miseria.
- Coa perda ninguén se alegra.
- Con algún s o perder é gañar.
- De perder, que perda o demo.
- Do perdido, o mellor é o recollido.
- Máis vale perder que máis perder.
- Non che se irá por pes o que na túa man tes.
- Non se perde nada, porque o que un perde outro o gaña.
- Non sinto que o meu fillo perda, senón que desquitarse queira.
- Perder con uns é mellor que gañar con algúns.
- Perdido por un, perdido por cento.
- Quen bois perdeu, chocallos se lle antollan.
- Quen perde o burro e atopa a albarda, iso gaña.
- Quen perdeu e non encontrou, co demo andou.
- Vale máis algo perdido que todo comido.