perda

perda

(< lat tardío perdĭta)

  1. Parroquia do concello de Barro baixo a advocación de santa María, onde está situada a capital municipal.

  2. s f
    1. Feito de perder.

    2. Cousa ou cantidade perdida.

  3. s f
    1. Dano ou prexuízo que se recibe en algo.

    2. [ECON]

      Resultado económico negativo dunha empresa. O resultado da actividade económica dunha empresa defínese como a diferenza que hai entre os ingresos do período considerado (vendas, facturación, segundo o tipo de empresa) e os custos que ocasionou obter estes ingresos: R = I p -C (Ip) . Se este resultado é negativo [I p < C (Ip) , chámase perda.

    3. perdas e ganancias

      Conta diferencial en que se refliten, mediante regulación, os valores daquelas contas que implican un beneficio ou unha perda (gastos xerais, almacén, etc).

  4. s f [PAT]

    Carencia, diminución ou dano de determinadas propiedades do ser vivo, especialmente cando se fala de calor, de memoria ou de substancia.

  5. s [FISIOL]
    1. Saída dun líquido ou humor segregado polo organismo.

    2. pl

      Hemorraxia ou fluxo que procede da matriz.

  6. s f pl [BÉL]

    Baixa de persoal ou de material a consecuencia dunha acción inimiga ou por calquera outra causa.

  7. s f pl [TECNOL/FÍS]

    Diferenza entre os valores dunha magnitude asociada a un sistema e a da mesma natureza restituída por ese sistema. As perdas poden ser, por exemplo, por frición, por histérese, por correntes de Foucault, por efecto Joule ou dieléctricas, e case sempre se traducen nunha formación de calor.

  8. s f [AERON]

    Situación dunha superficie aerodinámica (á ou rotor) en que o fluxo de aire se separa da capa límite, feito que xera a diminución da sustentación e aumenta a resistencia aerodinámica. Cando unha á ou un rotor entra en perda acostuma producirse a caída da aeronave.

Frases feitas

  • Non ter perda 1 Non haber posibilidades de perderse. Ex: Non ten perda, segue dereito e chegas ao centro de saúde.

  • 2 Aproveitarse todo.

  • Tes ti boa perda! Non dar pena ningunha.

Refráns

  • a crego e o raposo, se perden a mañá, perden o día todo.
  • a día que é de perder non é de gañar.
  • a non perder xa é gañar.
  • a perder, moitas veces é gañar.
  • A perdido, perdido de todo.
  • a que perde e di que non o sente, mente.
  • a que perde o burro e atopa a albarda xa non sofre perda tanta.
  • ande non se perde nada todo é miseria.
  • Coa perda ninguén se alegra.
  • Con algún s o perder é gañar.
  • De perder, que perda o demo.
  • Do perdido, o mellor é o recollido.
  • Máis vale perder que máis perder.
  • Non che se irá por pes o que na túa man tes.
  • Non se perde nada, porque o que un perde outro o gaña.
  • Non sinto que o meu fillo perda, senón que desquitarse queira.
  • Perder con uns é mellor que gañar con algúns.
  • Perdido por un, perdido por cento.
  • Quen bois perdeu, chocallos se lle antollan.
  • Quen perde o burro e atopa a albarda, iso gaña.
  • Quen perdeu e non encontrou, co demo andou.
  • Vale máis algo perdido que todo comido.

Palabras veciñas

percutir | Percy | Percy, Thomas | perda | perda | Perdecanai | Perdecanai