Percy
Familia nobre inglesa. A súa orixe remóntase a William de Percy (1030?-1096), compañeiro de Guillerme I o Conquistador. Tivo sona o papel que tiveron como gardiáns da fronteira inglesa fronte aos escoceses. Os seus membros máis coñecidos foron Henry de Percy (1272?-1315), xentilhome, reforzou a súa posición ao N de Inglaterra comprando terras ao bispo de Durham. O seu fillo, Henry Percy (1342-1408), primeiro conde de Northumberland, morreu durante a rebelión contra Enrique IV. O seu fillo, Henry Percy (1364-1402) rebelouse contra Ricardo II (1399) e apoiou a Enrique IV de Lancaster. Este confioulle a vixilancia das marcas orientais de Escocia. Sublevouse contra o rei (1402) e o exército real matouno. O seu fillo, Henry Percy (1394-1455), segundo conde de Northumberland, foi asasinado polos partidarios da casa de York. O sétimo conde de Northumberland, Thomas Percy (1528-1572), católico, apoiou a María de Escocia e foi axustizado por orde de Isabel II de Inglaterra.