perda
(< lat tardíoperdĭta)
-
s
f
-
Feito de perder.
-
Cousa ou cantidade perdida.
-
-
s
f
-
Dano ou prexuízo que se recibe en algo.
-
[ECON]
Resultado económico negativo dunha empresa. O resultado da actividade económica dunha empresa defínese como a diferenza que hai entre os ingresos do período considerado (vendas, facturación, segundo o tipo de empresa) e os custos que ocasionou obter estes ingresos: R = I p -C (Ip) . Se este resultado é negativo [I p < C (Ip) , chámase perda.
-
perdas e ganancias
Conta diferencial en que se refliten, mediante regulación, os valores daquelas contas que implican un beneficio ou unha perda (gastos xerais, almacén, etc).
-
-
s
f
[PAT]
Carencia, diminución ou dano de determinadas propiedades do ser vivo, especialmente cando se fala de calor, de memoria ou de substancia.
-
s
[FISIOL]
-
Saída dun líquido ou humor segregado polo organismo.
-
pl
Hemorraxia ou fluxo que procede da matriz.
-
-
s
f pl
[BÉL]
Baixa de persoal ou de material a consecuencia dunha acción inimiga ou por calquera outra causa.
-
s
f pl
[TECNOL/FÍS]
Diferenza entre os valores dunha magnitude asociada a un sistema e a da mesma natureza restituída por ese sistema. As perdas poden ser, por exemplo, por frición, por histérese, por correntes de Foucault, por efecto Joule ou dieléctricas, e case sempre se traducen nunha formación de calor.
-
s
f
[AERON]
Situación dunha superficie aerodinámica (á ou rotor) en que o fluxo de aire se separa da capa límite, feito que xera a diminución da sustentación e aumenta a resistencia aerodinámica. Cando unha á ou un rotor entra en perda acostuma producirse a caída da aeronave.
Frases feitas
-
Non ter perda 1 Non haber posibilidades de perderse. Ex: Non ten perda, segue dereito e chegas ao centro de saúde.
-
2 Aproveitarse todo.
-
Tes ti boa perda! Non dar pena ningunha.