perdigón
perdigón
(< perdiz)
-
s
m
perdigoto.
-
s
m
Cada un dos grans, xeralmente de chumbo, que constitúen a munición dos cartuchos empregados na caza menor. Adoitan ser esféricos e dun diámetro de entre 1,2 e 6 mm, pero tamén poden ser cúbicos ou aplanados, semellantes a unha lentella.
Refráns
- Ende vindo o perdigón, perde a troita sazón.