perdido -da
perdido -da
(< perder)
-
p reg
de perder ou perderse.
-
adx
Que está moi lonxe ou arredado do camiño principal.
Ex: Vivía nunha casa perdida no monte.
-
adx
De todo, completamente. OBS: Posposto a un adxectivo intensifica o significado deste.
Ex: Está namorado perdido dunha veciña. Púxose louco perdido e non sabe o que fai.
-
adx e s
Que ou quen vive de forma caótica e indecente.
Ex: Se te xuntas cun perdido acabarás coma el.
-
s
m
[GRÁF]
Número de exemplares que se imprimen de máis para suplir os defectuosos.
Frases feitas
-
Poñer(se) perdido. Manchar(se).
Refráns
- O perdido perde a cabeza e o xuício.