perdido -da

perdido -da

(< perder)

  1. p reg

    de perder ou perderse.

  2. adx

    Que está moi lonxe ou arredado do camiño principal.

    Ex: Vivía nunha casa perdida no monte.

  3. adx

    De todo, completamente. OBS: Posposto a un adxectivo intensifica o significado deste.

    Ex: Está namorado perdido dunha veciña. Púxose louco perdido e non sabe o que fai.

  4. adx e s

    Que ou quen vive de forma caótica e indecente.

    Ex: Se te xuntas cun perdido acabarás coma el.

  5. s m [GRÁF]

    Número de exemplares que se imprimen de máis para suplir os defectuosos.

Frases feitas

  • Poñer(se) perdido. Manchar(se).

Refráns

  • O perdido perde a cabeza e o xuício.

Palabras veciñas

Perdicas III | perdición | perdidizo -za | perdido -da | perdigón | perdigonada | perdigoteiro