Père-Lachaise, camposanto de
Père-Lachaise, camposanto de
Cemiterio situado ao NL de París, coñecido administrativamente como o camposanto do leste. Construído polo arquitecto Alexandre-Théodore Brongniart (1803-1804), ocupa o lugar dun antigo convento de xesuítas. Conserva tumbas de destacados personaxes franceses.