Perea
Perea
Antiga rexión xudía situada ao L do río Xordán. Estendíase desde Pella, ao N, ata Maqueronte, ao S. Durante o goberno de Xoán Hircano (76-67 e 63-40 a C) formou parte da súa etnarquía, e no de Herodes o Grande (40-4 a C) foi atribuída ao seu irmán Ferora por Augusto. Herodes Antipas (4 a C-40 d C) herdou do seu pai a tetrarquía de Galilea e Perea.