Pereira, Evaristo

Pereira, Evaristo

Ilustrador e deseñador gráfico. Colaborou coa revista Caminar (1975) e desde 1977 traballou no eido da publicidade, nacional e internacional, e en publicacións como Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Can sen Dono e Xo. Ilustrou obras como Os enredos de Olalla (1990), A fuxida dos nenos (1994), Gluf contra Blef (1998), Papá Ogro (1999), Soños de Carme (2000), Un susto para Glub (2000) e Estela, a domadora de ras (2002). Parte da súa obra está exposta no Museo do Humor de Fene.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo