Perelló, El

Perelló, El

Municipio da provincia de Tarragona (2.228 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, especialmente no cultivo de oliveiras, amendoeiras e, en menor medida, de vide. A industria céntrase nos sectores mecánico, de materiais de construción e de transporte.