Peres, Shimon [Šimon Pere ]

Peres, Shimon [Šimon Pere ]

Político xudeu. Instalouse en Palestina (1934) e ingresou en 1947 en Haganah, o exército xudeu de autodefensa. Deputado no parlamento israelí desde 1959, foi un dos fundadores en 1965 do Avoda (Partido Laborista de Israel), do que foi o seu presidente (1977-1992; 1995-1997). Primeiro ministro interino de Israel (abril-xuño de 1977) e líder da oposición durante a etapa de goberno do Likud (1977-1984), presidiu un goberno de unidade nacional coa participación dos laboristas e do Likud (1984-1986). A raíz da vitoria laborista en xuño de 1992 foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores e negociou coa OLP a aplicación dos acordos establecidos en setembro de 1993. Despois do asasinato de Y. Rabin (novembro de 1995), foi nomeado primeiro ministro, pero perdeu as eleccións xerais de 1996. Ocupou o ministerio de Asuntos Exteriores no goberno de coalición de A. Sharon (2001-2002). Escribiu, entre outras obras, Que saia o sol (1999). Recibiu, xunto con Yasser Arafat e Yitzhak Rabin, o Premio Nobel da Paz (1994).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Konstadt, actual Woéczyn, Silesia