Pérez Leirós, Francisco
Político e sindicalista. Emigrante na Arxentina, traballou como obreiro e pintor. En 1912 afiliouse ao Partido Socialista e foi deputado no Congreso Nacional (1924, 1931, 1934 e 1942). Promoveu importantes reformas sociais como unha lei de previsión social para gráficos e xornalistas. A súa andaina como sindicalista comezou en 1916 cando fundou a Unión de Obreros y Empleados Municipales de Bos Aires (UOEM), da que foi secretario xeral a partir de 1919. En 1922 participou na creación da Unión Sindical Argentina (USA) e en 1926 promoveu a creación dunha Central Sindical. Desde 1935 participou nas tarefas directivas da Confederación General del Trabajo. A súa idea de formar unha central obreira latinoamericana culminou na creación da Confederación de Trabajadores de América Latina (CETAL), en 1938, e da que foi vicepresidente ata 1945. Durante os gobernos de J. D. Perón desenvolveu a súa actividade na clandestinidade. Participou na Organización Regional Interamericana del Trabajo (ORIT). Dirixiu os xornais obreiros bonaerenses Democracia Sindical, La Confederación e El Obrero Municipal e escribiu un libro sobre o sindicalismo en Arxentina.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : O Porriño -
Deceso
Lugar : Bos Aires