Pérez Pérez, Campio

Pérez Pérez, Campio

Escritor e político. Coñecido como Campio Carpio, emigrou á Arxentina aos 17 anos, participou na loita sindical dentro da Federación Obrera Regional Argentina (FORA) e relacionouse con militantes libertarios como Sinesio García Fernández. Defendeu o anarquismo a través da súa colaboración na revista Hombre de América e desde 1959 en Reconstruir. Colaborou tamén co voceiro Galicia Libre durante Guerra Civil española e relacionouse co movemento libertario galaico. Participou na escolma de Antología de pensamientos (1947), de González Prada, escribiu El destino social del arte (1933), Curros Enríquez: poeta épico de la España heroica (1949), Poesía del destierro (1962) e No hay tiempo para morir (1969).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo

  • Deceso

    Lugar : Monte Grande, Arxentina