perfluorado -da
perfluorado -da
(
adx
[QUÍM]
Aplícase aos compostos orgánicos que teñen todos os seus átomos de hidróxeno substituídos por átomos de flúor. Ten unha grande importancia o tetrafluoroetileno, que por polimerización en suspensión conduce ao teflón. Os compostos perfluorados de peso molecular baixo empréganse como refrixerantes e como axentes propulsores de aerosois.