perfluorado -da

perfluorado -da

(

adx [QUÍM]

Aplícase aos compostos orgánicos que teñen todos os seus átomos de hidróxeno substituídos por átomos de flúor. Ten unha grande importancia o tetrafluoroetileno, que por polimerización en suspensión conduce ao teflón. Os compostos perfluorados de peso molecular baixo empréganse como refrixerantes e como axentes propulsores de aerosois.

Palabras veciñas

perfilador -ra | perfilar | perfilógrafo | perfluorado -da | perfluorocarburo | perfoliado -da | perforábel