Pérgamo

Pérgamo

Antiga cidade de Misia, situada a uns 20 km do Mar Exeo. O seu territorio corresponde con Bergama, en Turquía. Coñecida desde o 401 a C, Filetairo converteuna en capital do reino dos atálidas (282-133 a C). Viviu o apoxeo do cuarto reino helenístico no s II a C, sobre todo grazas á alianza de Eumenes II con Roma, contra os seléucidas. Atalo III entregou a cidade aos romanos e chegou a ser capital da provincia de Asia. Foi centro de cultura helenística, cunha importante biblioteca fundada por Eumenes II. Nos seus talleres reais houbo especialistas en pergameo e cerámica bronceada. Destaca o altar de Pérgamo, santuario helenístico, consagrado a Zeus.