Pericles

Pericles

Político grego, fillo de Xantipo e membro da familia dos alcmeónidas. Militou no partido popular de Efialtes, a quen sucedeu tras a súa morte (461 a C). Enfrontado con Cimón e cos oligarcas proespartanos, conseguiu a aprobación de varias reformas que acentuaban o carácter democrático do Estado ateniense. Entre o 443 a C e o 429 a C foi elixido estratego, cargo desde o que ostentou unha incidencia privilexiada nos asuntos públicos de Atenas. Por inspiración súa, a Liga Délica converteuse nun verdadeiro instrumento do imperialismo ateniense; de feito, o tesouro da mesma foi utilizado para reconstruír a Acrópole de Atenas e o Partenón, monumentos destinados a ser testemuños da grandeza da cidade.

Cronología

  • Deceso

  • Nacemento

    Lugar : Atenas