Périgueux
Périgueux
Cidade de Aquitania, capital do departamento de Dordogne, Francia (30.193 h [1999]). É un mercado comarcal onde destaca a fabricación de téxtiles. A antiga Vesunna Petricoriorum foi capital do condado de Perigord, pertencente a Inglaterra desde 1360 a 1369, e que no s XVI foi un centro do protestantismo francés. Situada á beira do Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela, destacan as igrexas de Saint-Front (s XIII) e de Saint-Etienne (ss XI-XII), exemplos de igrexa aquitanas cupuladas.