peritonite

peritonite

(< peritoneo + -ite)

s f [PAT]

Inflamación do peritoneo, que pode ser aguda ou crónica, séptica ou aséptica, primaria ou secundaria, e localizada ou xeneralizada. Clinicamente, maniféstase por un cadro de abdome agudo con dor importante, vómitos, defensa muscular e íleo paralítico.