perítrico -ca

perítrico -ca

(< peri- + -trico)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos perítricos.

  2. s m [PROTISTA]

    Protozoo da subclase dos perítricos.

  3. s m pl [PROTISTA]

    Subclase de protozoos ciliados, da clase dos oligohimenoforios, que inclúe especies que só teñen cilios no campo peristomático e co núcleo en forma de ferradura. Viven libres ou sésiles sobre plantas e animais acuáticos.

Palabras veciñas

peritonismo | peritonite | peritonización | perítrico -ca | periurbano -na | perixeo | períxino -na