perna
(< lat perna)
-
s
f
[ANAT]
Parte de cada unha das dúas extremidades locomotoras do home comprendida entre o pé e o xeonllo. O esqueleto está constituído pola tibia e o peroné, unidos por ligamento interóseo e articulados co fémur no xeonllo, e co astrágalo no nocello.
-
s
f
Extremidade locomotora inferior do home. Na tradición oral recóllense ditos como. “Cando non hai cabeza, hai que ter pernas. Ninguén estenda a perna máis do que a saba dea”.
-
s
f
Extremidades posteriores dos cuadrúpedes e as patas das aves.
Confrontacións: coxa, zanco. -
s
f
Parte dunha peza de vestir que cobre a perna ou parte dela.
Ex: Tes unha perna do pantalón máis longa ca a outra.
-
s
f
Cada unha das dúas pezas longas que forman un compás.
Ex: Para facer un círculo máis grande tes que abrir máis as pernas do compás.
-
s
f
Peza que serve de soporte a diferentes obxectos.
-
s
f
Cada unha das dúas pezas de rede unidas ao copo propias da arte de bou.
-
barriga/mazá/papo da perna
barriga da perna.
Frases feitas
-
A perna solta. Sen preocupacións.
-
Andar en pernas. Andar coas pernas ao aire, sen nada que as cubra.
-
Estarricar a perna. Morrer.
-
Estirar as pernas. Camiñar ou pasear despois de estar sentado moito tempo.
-
Ter boas pernas. Expresión que indica que pode camiñar sen dificultade.
Refráns
- A perna crebada, na cama ou na casa.
- A perna no leito e o brazo no peito.