coxa
(< lat coxa ‘cadeira’)
-
s
f
[ANAT]
Parte da extremidade inferior humana ou da extremidade posterior do resto dos mamíferos que vai dende a cadeira ata o xeonllo. O esqueleto está constituído polo fémur e os músculos sitúanse en tres rexións: dorsal, interna e ventral. A rexión dorsal comprende o bíceps crural, o semitendinoso e o semimembranoso; a rexión interna, o pectíneo, os abdutores maior, mediano e menor da coxa e o recto interno; e a rexión ventral, o psoas ilíaco, o cuadríceps femoral e o tensor da fascia lata. Pola zona anterointerior pasan os vasos femorais, a arteria por fóra e a vea por dentro, e as rexións interna e posterior están irrigadas polas arterias isquiática e femoral profunda. A coxa está inervada polos nervios crural, ciático maior, femorocutáneo e obturador.
-
s
f
[ZOOL]
Parte superior da extremidade posterior das aves onde está a tibia.
Sinónimos: coxigón, coxote, cuxote, perna, zanco. -
s
f
[ZOOL]
Segmento basal da pata dos insectos, dos arácnidos e doutros artrópodos, situado entre o trocánter e o tórax.