Pernas, Antonio

Pernas, Antonio

Escultor. Formouse con Alexandre Nogueira e integrouse como oficial no obradoiro de Xosé Ferreiro Suárez. Realizou as esculturas de Neptuno e a Fama, nas fontes das prazas de Santa Catarina e Santo Andrés, na Coruña (1791-1794) e para a catedral de Santiago de Compostela realizou unha imaxe para a capela da Comuñón (1783). O seu fillo Xoán Pernas (? 1774-? 21.8.1846) realizou os hipocampos da fonte dos cabaliños da praza de Praterías de Santiago de Compostela (1825) e o Cristo da agonía para a capela das Dores.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela